O Decreto 12/2017 define a normativa a seguir para legalizar unha vivenda de uso turístico e distingue entre 3 tipos de vivenda.

 

Apartamentos turísticos:

1. Teñen a condición de apartamentos turísticos os inmobles integrados en bloques de pisos ou en conxuntos de unidades de aloxamento tales como chalés, bungalows e aqueloutras edificacións semellantes que estean destinadas na súa totalidade ao aloxamento turístico, sen carácter de residencia permanente. Cada unidade de aloxamento estará dotada de instalacións e servizos adecuados para a conservación, elaboración e consumo de alimentos e bebidas.

2. Os apartamentos turísticos estarán dotados de equipamento e mobiliario necesario para a súa inmediata utilización, que se estenderá ao uso e desfrute dos servizos e das
instalacións incluídas no bloque ou conxunto en que se atope.

Vivendas turísticas:

1. Enténdese por vivendas turísticas os establecementos unifamiliares illados nos cales se preste servizo de aloxamento turístico, cun número de prazas non superior a dez e que dispoñen, por estrutura e servizos, das instalacións e do mobiliario adecuado para a súa utilización inmediata, así como para a conservación, elaboración e consumo de alimentos
dentro do establecemento.

2. A comercialización da vivenda turística deberá consistir na cesión temporal do uso e desfrute da totalidade da vivenda, polo que non se permite a formalización de contratos por cuartos ou a coincidencia dentro da vivenda de usuarios que formalicen distintos contratos.

3. No caso de que o establecemento estea situado en solo rústico de conformidade co establecido na normativa reguladora do réxime do solo de Galicia, unicamente poderá ter
a condición de vivenda turística cando se trate de rehabilitación, reconstrución ou, de ser o caso, ampliación de edificacións legalmente existentes naquel.

4. As vivendas turísticas clasifícanse nunha única categoría de vivendas turísticas.

Vivenda de uso turístico:

1. Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de forma reiterada e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración, amobladas ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galiciaDOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6489 e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade e coas características previstas neste decreto. A cesión deste tipo de vivendas será da totalidade da vivenda, sen que se permita a cesión por estancias, de conformidade co disposto no artigo 5.e) da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. As vivendas de uso turístico poderán ser comercializadas, ademais de polas empresas turísticas reguladas no artigo 33.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, polos/as seus/súas propietarios/as ou persoa física ou xurídica que os/as represente. Neste último suposto non se aplicará o disposto no artigo 33.2 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

2. Para efectos do presente decreto constitúen estadías de curta duración aquelas en que a cesión de uso é inferior a trinta días consecutivos, polo que quedan fóra do ámbito de aplicación as que excedan esa duración. Considerarase cesión reiterada cando a vivenda se ceda dúas ou máis veces dentro do período dun ano.

3. As persoas propietarias e/ou comercializadoras quedarán obrigadas fronte a Administración turística ao cumprimento das obrigas impostas na Lei 7/2011, do 27 de outubro, e neste decreto, e responderán de maneira solidaria fronte a aquela.

4. As vivendas de uso turístico requiren da correspondente declaración previa de inicio de actividade perante a Administración turística.

5. O cumprimento por parte destas vivendas da normativa sobre promoción da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas será o correspondente aos edificios de uso privado.

 

Con esta nova categoría de vivenda de uso turístico facilítase a alta de moitas vivendas que estaban condenadas a non ser explotadas nunca de forma legal e regulada. Siguen sendo os concellos os que teñen o poder de decidir se existe «sobrecarga» dunha zona ou dano para os habitantes dun edificio e parála.

Ofrecemos o servizo de dar de alta unha vivenda ou bloque de apartamentos e os precios varían dende os 300 € IVA incluido ata precios a medida para casos mais complexos como edificios de apartamentos. Punto de partida para calquera alta é que a vivenda estea dada de alta en catastro e cumpla requisitos de habitabilidade.

Para a solicitude de información ou pedir presupostos poden poñerse en contacto con nós mediante o seguinte formulario:

Prema aqui